Curso de Verán en Rianxo
Os pasados días 8 ao 12 de xullo estivemos en Rianxo, no Curso de Verán sobre Astronomía e Contaminación Lumínica organizado por Astronomía na beirarrúa (AnB) e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC. No programa: Mesas redondas e obradoiros polas tardes, e observacións na rúa polas noites na Praza de Castelao, na ribeira de Rianxo e no lugar de Asados, en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia e o Centro Cultural Simón Varela.
Na sesión de peche, o sábado 12, Cipriano Marín (IAC-UNESCO) fixo unha moi interesante presentación da Iniciativa Starlight, da que é Coordinador, así como da "Declaración en defensa do ceo nocturno e do dereito a observar as estrelas" cuxo breve e impecábel texto podes consultar aqui
Etiquetas: actividades


