Astronomía na beirarrúa: Dezembro 2006

12.12.06

Foto da Lúa dende a Praza Roxa

Esta foto da Lúa sacouna James López o pasado día 29 de novembro dende a Praza Roxa cunha cámara dixital con zoom a traverso do ocular do refractor de 90mm f/11. Un bó exemplo do que se pode facer con habilidade e paciencia. A imaxe, como a maioría das que poñemos neste blog, está tal cal saíu (é o que no ámbito anglosaxón chaman unha "raw image") e non ten ningún procesado, salvo orientala correctamente. Fai clic nela para vela de maior tamaño.
Estamos á espera de poder dispor de máis espazo nos servidores para subir a reportaxe fotográfica da actividade dese día na Praza Roxa... seguiremos informando!

Etiquetas: ,