Astronomía na beirarrúa: junho 2009

17.6.09

AnB nas FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO

Xa están aquí as Festas do Barrio de San Pedro ! Do 24 ao 28 de xuño, un interesantísimo programa de actividades que podedes ver en http://www.fbsp.info/

Como xa é tradición, andaremos por alí cos telescopios de AnB para desfrutar do ceo con todas as persoas que nos visiten... Será na tardiña do sábado 27. O programa ten opcións para todos os gustos... VISITA SAN PEDRO ! :-)

Etiquetas:

16.6.09

ASTROGALICIA 2009

Do 18 ao 20 de setembro terá lugar en Maceda (Ourense) Astrogalicia, a principal xuntanza aberta promovida pol@s astrónom@s afeccionad@s galeg@s.

A súa páxina web acaba de facerse pública. Non deixes de consultala e... anímate a participar ! http://www.astrogalicia.org/

Fragmento da presentación:

"Programa de actividades aberto a todos os interesados no mundo da astronomía. Neste Ano Internacional da Astronomía 2009, os astrónomos afeccionados galegos queremos invitar a toda a poboación a achegarse a esta ciencia.

A desenvolver entre o 18 e o 20 de setembro de 2009 na vila ourensá de Maceda. Moitas das actividades serán abertas, como as observacións públicas.

Calquera interesado ou afeccionado pode anotarse. Preparamos varios grupos de traballo para aqueles que se queiran iniciar na astronomía, pero tamén para aqueles que desexen afondar na astrofotografía. Así, cada inscrito poderá escoller o itinerario formativo que mellor se acomode aos seus intereses (...)."

Etiquetas:

15.6.09

I ENCONTRO ASTRONÓMICO DA FC3: "DA TEORÍA Á PRÁCTICA NO OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)"

Recibimos esta interesante información dos nosos colegas da FC3:

A Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) organiza o I ENCONTRO ASTRONÓMICO DA FC3: "DA TEORÍA Á PRÁCTICA NO OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)" que terá lugar en Forcarei --Centro Social e Observatorio Astronómico-- do 25 ao 28 de xuño.

-CURSO DE 30 HORAS LECTIVAS EN TOTAL
-AS LECCIÓNS MAXISTRAIS INCLUIRÁN UNHA PROPORCIÓN DE 45MIN DE CLASE X 15MIN DE DISCUSIÓNS
-SOLICITADOS 2 CRÉDITOS DE LIBRE ELECCIÓN PARA O ALUMNADO DA UVIGO
-DATAS: DO 25 AO 28 DE XUÑO DE 2009
-LUGAR: CENTRO SOCIAL DE FORCAREI E OBSERVATORIO ASTRONÓMICO DE FORCAREI (OAF)
-ORGANIZA: FC3
-COLABORAN: GRUPO AS1 DE ASTRONOMÍA E ASTROFÍSICA DA UVIGO; CONCELLO DE FORCAREI
-PROFESORADO: LUIS F. MIRANDA (IAA-CSIC); FRANCISCO VIOLAT (ASESORES ASTRONÓMICOS CACEREÑOS); DAVID RAPOSEIRAS (FC3 - CONCELLO DE FORCAREI); JESÚS PÉREZ BASTOS (FC3); JORGE CABALEIRO (FC3); ANA ULLA (FC3, GRUPO AS1 E GRUPO ESPECIALIZADO DE ASTROFÍSICA DA REAL SOCIEDAD ESPAÑOLA DE FÍSICA).
-COORDINA: ANA ULLA
-LÍMITE DE PRAZAS: 25 PERSOAS
-PLAZO LÍMITE DE INSCRICIÓN: ATA O 18 DE XUÑO
-NECESIDADE DE COÑECEMENTOS PREVIOS: NON
-PREZO: 150,00 EUROS PARA PÚBLICO EN XERAL
GRATUITO (ACREDITANDO TAL CONDICIÓN) PARA i) MEMBROS DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA DE VIGO E ii) HABITANTES DE FORCAREI
-INFORMACIÓN E MATRÍCULA: concello.forcarei@eidolocal.es; fax: 986754082; tlf.: 986755036