Astronomía na beirarrúa: janeiro 2007

26.1.07

Temos novo espazo no servidor web...

Boas novas! temos novo espazo no servidor web da USC, o que nos vai permitir subir máis imaxes e información... De momento xa podedes ver as fotos da noite que pasamos na Praza Roxa, cos amigos da Asociación Veciñal "Raigame" e moitos veciños e veciñas, facendo clic aquí.
Non hai moitas fotos porque tod@s estabamos máis pendentes de enfocar os telescopios cara á Lúa que de facer reportaxes :) A ver se para a próxima alguén fai de fotógraf@ oficial!

Etiquetas:

12.1.07

Por un ceos sen contaminación lumínica

Iniciativa Internacional en Defensa da Calidade do Ceo Nocturno como Dereito Científico, Cultural e Medioambiental da Humanidade


Boas novas para quen están preocupad@s polo despilfarro de enerxía que supón a contaminación lumínica dos nosos ceos e pola perda das estrelas como parte da nosa paisaxe cotiá. Promovida pola Unesco, o Instituto de Astrofísica de Canarias, a reserva da Biosfera de La Palma, o Goberno de Canarias e o Ministerio de Medio Ambiente, o próximo mes de abril vaise lanzar a iniciativa internacional en defensa da calidade do ceo nocturno "Starlight 2007".

Toda a información en http://www.starlight2007.net/

Tal e como comentan na presentación:

"A iniciativa concíbese como unha campaña internacional en defensa da calidade dos ceos nocturnos e o dereito xeral á observación das estrelas, aberta á participación de todas as institucións e asociacións científicas, culturais e cidadás relacionadas coa defensa do firmamento.

Preténdese así reforzar a importancia que os ceos limpos teñen para a humanidade, realzando e dando a coñecer o valor que este patrimonio en perigo posúe para a ciencia, a educación, a cultura, o turismo, e evidentemente, como factor de calidade de vida. Un importante aspecto da iniciativa será, pois, axudar a difundir os beneficios directos e indirectos, tecnolóxicos, económicos o u culturais, asociados á observación das estrelas.

O lanzamento da iniciativa farase a partir da Celebración da Conferencia Internacional en Defensa da Calidade do Ceo Nocturno e o Dereito á Observación das Estrelas, a celebrar en La Palma (Illas Canarias) en Abril do 2007. Un obxectivo básico deste encontro será promover a Declaración Universal do Dereito á Luz das Estrelas, como expresión do compromiso de protección deste patrimonio común da humanidade."

Etiquetas: