Astronomía na beirarrúa: julho 2007

2.7.07

De Festas en San Pedro

Pois nen o vento nen o orballo desanimaron ás veciñas e veciños do barrio compostelán de San Pedro, que celebraron as festas dende o mércores 27 de xuño até o domingo 1 de xullo. O sábado, Feira de Artesanía e asociacións na rúa, onde, como non, estivemos. Os nosos parabéns á Comisión de Festas polo bo traballo realizado.



Aí vos van algunhas fotos da xornada!!

Etiquetas:

AnB no Hospital Clínico Universitario (CHUS) de Santiago de Compostela


O pasado xoves día 28 de xuño estivemos no Clínico, para ver as estrelas cos rapaces e maiores alí ingresados, nunha actividade organizada pola incansábel Ruth Gómez Vázquez, da Escola que ten a súa sede nas instalacións deste centro sanitario.

Como case sempre, en canto nos poñemos a observar esquecemos sacar fotos :) así que aquí vos van un par delas dos preparativos, nas que andamos a montar os trebellos nunha das terrazas do segundo andar, fachada oeste. Na imaxe de arriba, e de esquerda a dereita, Ramón, do Clube Vega, axustando a "Celestino", un reflector en montura Dobson feito polos membros do clube; Javi, tamén de Vega, camiño do refractor de 90 mm; Nana, da Agrupación Ío, poñendo a andar o ETX70 e, detrás, Rubén, de Vega.

O ceo, que estivo cheo de nubes durante todo o día, deixounos un precioso solpor e grandes claros a partir das 22.45h, co que puidemos ver até fartarnos Venus, Saturno cos seus aneis, Xúpiter e os seus satélites e a Lúa, case chea esa noite. Voltaremos!


Etiquetas: