Astronomía na beirarrúa: junho 2006

27.6.06

Observación na Rúa de San Pedro

O venres 30 de xuño, se non caen chuzos, estaremos na Rúa de San Pedro de Santiago de Compostela -na praza que hai diante da igrexa- a partir das 21.30 para montar telescopios e observar o ceo. A Lúa, Xúpiter e un paso especial da Estación Espacial Internacional (ISS) por riba do barrio están dentro do programa. O barrio está en festas estes días e esta é unha actividade máis da ampla oferta que este ano preparou a Comisión. Se queres ver o interesante programa das festas preme aqui. Tes telescopio ou prismáticos na casa? queres saber que se pode ver no ceo de verán dende a túa rúa? Participa con nós!

Etiquetas:

Cartel


Ola a tod@s,
Esté é o modelo de cartel que utilizaremos para anunciar algunhas actividades e o enderezo deste blog.
A imaxe é unha fotografía do centro da nosa galaxia, tomada co telescopio de 8 metros Yepun, VLT, Observatorio Europeo Austral (ESO) en Chile. Hai boas razóns para pensar que no centro, no lugar indicado polas frechas, existe un burato negro cunha masa aproximada de dous millóns de soles. (Agradecémoslle ao Observatorio Europeo Austral o permiso para reproducila)

Etiquetas: