Astronomía na beirarrúa: março 2008

14.3.08

De astrofesta nos Salgueiriños

Onte xoves día 13 estivemos no compostelán barrio de Salgueiriños con José e outros veciños e veciñas da zona para disfrutar dunha noite de estrelas. As nubes marcharon, as farolas apagáronse e ... o ceo apareceu ante os nosos ollos.

Os máis solicitados: a Lúa, as Pléiades e, como non, Saturno, o Señor dos Aneis. Ou "a boliña cun aro" como ben o describiu un pequeno astrónomo que fedellaba cos telescopios sen precisar demasiada axuda. Tamén vimos o seu satélite Titán, como un pequeno punto de luz. Ah... e a nebulosa de Orión.

Podedes ver outras imaxes de Saturno premendo aquí

Etiquetas: ,

7.3.08

Próximas actividades

Na semana do 10 ao 15 de Marzo voltamos á rúa! O luns 10 (ou o mércores 12, se o tempo o aconsella) estaremos no instituto de Ordes para facer unha observación cos profes, estudiantes e veciños da vila que queiran participar. E o xoves 13 plantaremos os trebellos no compostelán barrio de Salgueiriños, convidados por un grupo de amig@s e veciñ@s do barrio amantes da astronomía.
Convidámosvos a vir por calquera das dúas actividades. Sodes benvid@s!

Etiquetas: