Astronomía na beirarrúa: julho 2006

3.7.06

A Estación Espacial non fallou á cita

Tal como estaba previsto, a iso das 00.40 do sábado (1 de xullo), a Estación Espacial Internacional (ISS) sobrevoou Galicia deixándose ver polo barrio de San Pedro. Mágoa que a capa de nubes altas que había non permitisen vela con todo o seu brillo; pero puidemos albiscar perfectamente como ascendía no ceo dende o horizonte noroeste até desaparecer, ao entrar na sombra da Terra, cando estaba a gran altura perto das estrelas da Osa Maior. Non sabemos se as persoas da tripulación se decataron dos saúdos que lles mandamos... a próxima vez levaremos linternas :)
Agora mesmo están na ISS Pavel Vinogradov e Jeff Williams. O primeiro astronauta do Brasil, Marcos Pontes, regresou á Terra o pasado 8 de abril; en días próximos unirase á tripulación da ISS Thomas Reiter.
Se queres saber máis sobre que é e que fai a ISS podes ir á web da Axencia Espacial Europea. Se queres saber cando e como vela nos próximos días, visita a web Heavens-above. Non se ve todos os días, nen ás mesmas horas, nen na mesma dirección, nen co mesmo brillo. É un espectáculo novo cada vez.

Etiquetas:

Fer enviounos a chave coas estrelas que aparecen na bandeira do Basil... para quen tiñades problemas para vela correctamente aí vos vai de novo. Clic na imaxe para vela ampliada.

Etiquetas:


Por certo, falando de Brasil... na súa bandeira ten 27 estrelas. Ademáis da Cruz do Sur, que se recoñece a primeira vista, ten alguén idea de cales son as outras? Podes facer clic na imaxe para vela ampliada.

Etiquetas: