Astronomía na beirarrúa: Curso de Verán en Rianxo

22.7.08

Curso de Verán en Rianxo

Os pasados días 8 ao 12 de xullo estivemos en Rianxo, no Curso de Verán sobre Astronomía e Contaminación Lumínica organizado por Astronomía na beirarrúa (AnB) e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC. No programa: Mesas redondas e obradoiros polas tardes, e observacións na rúa polas noites na Praza de Castelao, na ribeira de Rianxo e no lugar de Asados, en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia e o Centro Cultural Simón Varela.

Na primeira imaxe (de La Voz), a sesión de apertura na tarde do día 8, con -de esquerda a dereita- Pedro Piñeiro (alcalde de Rianxo), Ánxela Bugallo (Conselleira de Cultura do Goberno Galego) e Elías Torres (Vicerreitor de Cultura da USC). Nas outras dúas imaxes, un momento da charla de Xoán Doldán (profesor do Dpto de Economía Aplicada da USC) sobre aspectos enerxéticos da Contaminación Lumínica e a mesa redonda sobre Asociacionismo, Contaminación Lumínica e Participación Social con Carlos Herranz (Presidente de Cel Fosc, Asociación contra a Contaminación Lumínica), Ricardo Moreno (Presidente da Asociación Astronómica de Vigo), Javier Vázquez (Secretario do Clube de Astronomía Vega de Santiago de Compostela) e José Antonio Álvarez (Secretario da Asociación Astronómica de Ourense).


Na sesión de peche, o sábado 12, Cipriano Marín (IAC-UNESCO) fixo unha moi interesante presentación da Iniciativa Starlight, da que é Coordinador, así como da "Declaración en defensa do ceo nocturno e do dereito a observar as estrelas" cuxo breve e impecábel texto podes consultar aqui

Etiquetas:

1 Comments:

At 3:50 da tarde, Blogger Lysa Light said...

Grazie a te, ho imparato molte cose interessanti. Spero di saperne di più. Mi congratulo con voi per le azioni meravigliose. Continuate così!

voyance gratuite par mail ; voyance gratuite mail

 

Enviar um comentário

<< Home