Astronomía na beirarrúa: agosto 2007

14.8.07

Estivemos na illa de Ons...

... organizando actividades de astronomía no campamento xuvenil que o goberno galego ten no lugar de Pereiró, en colaboración coa boa xente da cooperativa TagenAta (web aqui).

Disfrutamos un montón da compañía das persoas e dos limpos e escuros ceos nocturnos da illa. Xúpiter cos seus satélites, as estrelas do triángulo de verán (Vega, Deneb e Altair), o Setestrelos, a Polar... pero, sobre todo, unha Vía Láctea preciosa, que con prismáticos se desfacía en máis estrelas das que ninguén pode contar. A Estación Espacial Internacional non fallou ás citas previstas, e a Lúa, que estaba chea arredor do 31 de xullo, deixounos un devalo cheo de sombras e contrastes na primeira semana de Agosto. Dende AnB, apertas a todas as persoas do campamento!

(na foto, a Lúa sobre o mar de Ons)

Etiquetas:

Calendario celeste do Clube Vega


O Clube Vega ten a disposición de tod@s o interesante calendario celeste correspondente ao mes de Agosto, que podedes baixar en pdf premendo aquí. Podedes consultar outros números do boletín en www.clubevega.org -> Clube -> Boletíns. Parabéns dende aquí polo bo traballo realizado.

Etiquetas: