Astronomía na beirarrúa: outubro 2008

16.10.08

Nova version de Stellarium !

Boas novas! Stellarium, ese programa tan útil e fermoso para ver que hai no ceo en calquera momento, sacou recentemente a súa versión 10.0 (beta) cunha interfaz moi mellorada, e con versión en galego. Se queredes descargalo, ide a http://www.stellarium.org/ e escollede o sistema operativo no que o queredes usar (Linux, Windows ou Mac OS X).

Facede clic na imaxe se queredes vela ampliada.

Mil grazas, dende aquí, a todas as persoas que adican parte do seu tempo a elaborar software libre para Astronomía. Neste caso, en particular, á equipa de Stellarium: Fabien Chéreau, Rob Spearman, Johan Meuris, Johannes Gajdosik, Matthew Gates, Nigel Kerr e András Mohari, e un agradecemento moi especial aos seus tradutores ao galego, Jorge A. Pérez Prieto (do Clube Vega, que comezou na version 0.8) e Manuel Rosales. Thanks! ;)

Etiquetas: