Astronomía na beirarrúa: maio 2008

19.5.08

Programa do Curso de Verán














Xa podes baixar en pdf o programa do Curso de Verán sobre Actividades de Astronomía nos concellos e contaminación lumínica que organizamos xunto co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC: Fai clic aqui

A información xeral dos Cursos de verán da USC está na páxina http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm

Información específica sobre o noso curso podes atopala en http://www.usc.es/astronab/CursoVeran08.htm

.

13.5.08

Santiago D.C. : O Consello de Relacións Veciñais propón apagar as luces do Obradoiro para observar a Vía Láctea

Lido en "La Voz de Galicia" de hoxe

"Os representantes veciñais do ámbito urbano do Consello de Relacións Veciñais presentaron unha iniciativa no Concello de Santiago para promover o coñecemento da Vía Láctea entre os composteláns.

A proposta veciñal consiste en realizar un apagamento na praza do Obradoiro nos meses de xullo e agosto, co fin de evitar que a contaminación lumínica impida ver a galaxia. Sería entre as once e as doce da noite dos venres e os sábados. Para facilitar a observación, as asociacións veciñais e os clubs de astronomía porían a disposición dos interesados na observación monitores e telescopios.

Agustín Pena, promotor da idea e un dos representantes veciñais, indicou que a iniciativa xurdiu como consecuencia do éxito obtido polas actividades organizadas nos barrios de Sar e do Ensanche en colaboración co colectivo Astronomía na beirarrúa, no que están integrados profesores e estudantes da Universidade de Santiago (...)"

Se queres ler a nova completa fai clic aqui

Na imaxe de arquivo, os representantes das asociacións membros do Consello de Relacións Veciñais nunha xuntanza con membros da Corporación Municipal.

Fonte: web do Concello de Santiago

9.5.08

Curso de Verán


Durante os días 8 ao 12 de xullo celebraremos na vila de Rianxo un Curso de Verán da USC sobre Actividades de Astronomía e Contaminación Lumínica.

O curso ten por obxecto facilitar a posta ao día das e dos asistentes sobre o problema da contaminación lumínica, contemplando as súas causas e consecuencias enerxéticas, científicas, culturais e medioambientais, así como as solucións viábeis e as estratexias para a concienciación social e institucional sobre o problema. O curso facilitará, tamén, o encontro dos axentes sociais interesados na recuperación da observación do ceo dende a vida cotiá como ferramenta educativa e de dinamización coa perspectiva de non renunciar a facer Astronomía dende espazos luminicamente contaminados.

O prazo para solicitar matrícula gratuita no curso remata o vindeiro día 15 de maio. Toda a información sobre os cursos de verán da USC está na páxina
http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm

En breve se colgará aí o programa detallado do Curso. Se queres calquera información, non o dubides e escríbenos ao noso enderezo