Astronomía na beirarrúa: maio 2009

22.5.09

Observacións do Clube Vega en Ames

O Clube Compostelán de Astronomía Vega organiza, convocadas polo Concello de Ames, dúas observacións para os veciños e veciñas que se apuntaron ás mesmas, e que terán lugar de 22 a 24 horas nos seguintes lugares e días:
  • Venres 29 de maio en Bertamiráns (Lugar de encontro: ás 22h. no aparcadoiro do centro comercial Carrefour).
  • Sábado 30 de maio no Milladoiro (Lugar de encontro: ás 22h. no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro).
Tes máis información sobre o Clube Vega aquí

Etiquetas:

Astronomia Nova

Dentro do seu activo programa de divulgación da Astronomía, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza unhas xornadas didácticas os próximos días 29 e 30 de maio.
Baixo a denominación "Astronomía Nova", título dunha importante obra de Kepler publicada hai 400 anos, agrúpanse un conxunto de interesantes charlas e obradoiros cuxo programa poder ver pinchando aqui.
A inscrición é libre até cubrir o total de prazas ofertadas. Para apuntarte, envía un email aos enderezos que se indican nesa páxina. Anímate a participar!

11.5.09

AnB na Feira de Primavera do barrio de San Pedro


Logo dun mencer anubrado, finalmente o tempo acompañou e o barrio de San Pedro, unha vez máis, foi unha festa. Puxemos un posto na rúa de AnB a iso das 18.00h e por alí estivemos até medianoite. Saturno e a Lúa non fallaron á cita!

Etiquetas:

4.5.09

E o próximo sábado, 9 de Maio, no barrio de San Pedro

O proximo sábado, día 9 de maio, a Asociación de Comerciantes do Barrio de San Pedro de Compostela organiza a súa xa tradicional Feira de Primavera, unha feira de artesanía na rúa de San Pedro, feita peonil por un día, con diferentes actividades lúdicas e culturais.

A feira durará todo o día (desde primeira hora da mañá até as 21.00) e por alí andaremos cos telescopios de Astronomía na beirarrúa. Se a noite acompaña botaremos un ollo á Lúa (chea), a Saturno (cos aneis case de canto) e ás estrelas que alumean un dos máis activos barrios da cidade (e alumean tamén aos demais, claro :-)

Estades tod@s convidad@s !

Etiquetas:

Apagamos o Obradoiro... encendemos o ceo

Fixémolo :-) Pegámonos o gustazo.
O sábado pasado desfrutamos dos ceos composteláns desde a Praza do Obradoiro coa maior parte dos deslumbrantes focos apagados, mantendo só unhas cantas farolas que erán máis que suficientes para ver con comodidade a praza, as persoas e o ceo. A noite foi unha festa. Dezaoito dos mellores telescopios de Galicia, manexados polos bós afeccionados e afeccionadas de asociacións moi activas neste campo fixeron pasalo ben a todos os que por alí se achegaron. A praza estaba chea de veciños e visitantes. Como a xente que anda nisto da Astronomía dalle aos idiomas, as explicacións foron en galego, castelán, inglés, frances, portugués, alemán, italiano... Non pararon até ben pasada a medianoite.
Parabéns e mil grazas a todos os astronómos/as que participaron, unha lista demasiado longa de nomes para recollelos aquí, provintes das asociacións
Clube Vega de Compostela,
Asociación Astronómica de Vigo,
Ourense Astronómico,
A.A. Rias Baixas,
Cielobarbanza,
Sirio de Pontevedra...
Visitade as súas webs. Pagan a pena.

Informarémosvos en canto suban a web as fotos da xornada...

Etiquetas: