Astronomía na beirarrúa: Novembro 2008

28.11.08

Actividades recentes

O mes de Novembro estivo cheo de actividades. Aquí tedes algunhas fotos. De arriba abaixo: a Biblioteca Municipal de Ames no Milladoiro, onde o sábado 22 tivemos unha animada sesión de imaxes do ceo e montaxe de telescopios con rapaces da zona; a sesión de observación no Campus Sur da USC durante o Magosto organizado polas Asociacións Veciñais da cidade; e unha imaxe da mesa redonda "Gallaecia Astronómica" no VIII Obradoiro de Astronomía e Astrofísica celebrado en Forcarei o 13 e 14 de Novembro, na que interviron (de esquerda a dereita), J.R. Vidal do Observatorio Astronómico Monte Deva de Xixón, M. Díaz da Universidade de Vigo, Roberto López, do Instituto de Astrofísica de Canarias, Minia Manteiga da Universidade da Coruña e Víctor Costa, do Instituto de Astrofísica de Andalucía.

Etiquetas:

12.11.08

Magosto Veciñal en Compostela

Este sábado día 15 hai un Magosto que organizan as asociacións que están no Consello Municipal de Relacións Veciñais. Será a partir das 18.30 h, no Campus Sur da USC, no paseo central que hai ao baixar da Alameda.
As asociacións veciñais que o promoven (as mesmas que en Maio pasado pediron ao concello que loitase contra a contaminación lumínica para poder ver a Vía Láctea dende o Obradoiro: máis aquí) convidaron a Astronomía na beirarrúa a participar montando unha observación do ceo. Todas e todos sodes benvidos. Andaremos por alí cos trebellos a partir das 19.30 ou así... se andas por Kompos, agardámoste!

Etiquetas:

VIII Obradoiro de Astronomía e Astrofísica: GALLAECIA ASTRONOMICA

Organizado pola Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo, os próximos días 13 e 14 de Novembro de 2008 terá lugar no Centro Social de Forcarei o "VIII Obradoiro de Astronomía e Astrofísica: GALLAECIA ASTRONOMICA", no marco da Semana da Ciencia de Galicia 2008.
Esta actividade conta con financiamento da Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e do Concello de Forcarei, e a na súa realización colaboran a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, Asociación Astronómica de Vigo e Astronomía na beirarrúa (Universidade de Santiago de Compostela - Clube Vega).
Entrada é libre e gratuita. Se queres baixar o interesante programa de actividades (pdf) fai clic aquí.

Etiquetas:

4.11.08

Máis estrelas que no cine!

O Clube Vega de Astronomía, coa colaboraciónde AnB, organiza dúas actividades para nenos e nenas nas bibliotecas do Millaroiro e Bertamiráns (Concello de Ames), os sábados 22 e 29 de novembro. Aquí tedes a información tal como a recolle o xornal "La Voz".

Etiquetas: