Astronomía na beirarrúa: julho 2008

22.7.08

Curso de Verán en Rianxo

Os pasados días 8 ao 12 de xullo estivemos en Rianxo, no Curso de Verán sobre Astronomía e Contaminación Lumínica organizado por Astronomía na beirarrúa (AnB) e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC. No programa: Mesas redondas e obradoiros polas tardes, e observacións na rúa polas noites na Praza de Castelao, na ribeira de Rianxo e no lugar de Asados, en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia e o Centro Cultural Simón Varela.

Na primeira imaxe (de La Voz), a sesión de apertura na tarde do día 8, con -de esquerda a dereita- Pedro Piñeiro (alcalde de Rianxo), Ánxela Bugallo (Conselleira de Cultura do Goberno Galego) e Elías Torres (Vicerreitor de Cultura da USC). Nas outras dúas imaxes, un momento da charla de Xoán Doldán (profesor do Dpto de Economía Aplicada da USC) sobre aspectos enerxéticos da Contaminación Lumínica e a mesa redonda sobre Asociacionismo, Contaminación Lumínica e Participación Social con Carlos Herranz (Presidente de Cel Fosc, Asociación contra a Contaminación Lumínica), Ricardo Moreno (Presidente da Asociación Astronómica de Vigo), Javier Vázquez (Secretario do Clube de Astronomía Vega de Santiago de Compostela) e José Antonio Álvarez (Secretario da Asociación Astronómica de Ourense).


Na sesión de peche, o sábado 12, Cipriano Marín (IAC-UNESCO) fixo unha moi interesante presentación da Iniciativa Starlight, da que é Coordinador, así como da "Declaración en defensa do ceo nocturno e do dereito a observar as estrelas" cuxo breve e impecábel texto podes consultar aqui

Etiquetas:

2.7.08

O sábado 5, na Praza Roza

A Asociación Veciñal "Raigame", o Centro Sociocultural do Ensanche e a agrupación Santiago Centro organizan para este próximo sábado día 5 a I Festa Cidadá do Ensanche, na que tamén colaboraremos dende Astronomia na beirarrúa cunha observación a partir da posta do sol... O día estará cheo de interesantes actividades: desfrútaas! Podes ver o programa en detalle facendo clic sobre as imaxes para velas ampliadas

Etiquetas:

E vimos amencer...

O pasado sábado nas festas de San Pedro vimos amencer.
Foron milleiros as persoas que estiveron pola rúa durante todo o día e non sabemos decirvos cantas se achegaron aos telescopios para ver Saturno, Xúpiter e a Lúa dende que se fixo noite até que saiu o sol do domingo, pero o certo é que non paramos. Coa música de fondo da orquestra e as terrazas na rúa cheas de xente até ben entrada a madrugada pasámolo fenomenal. Parabéns á comisión de festas e ás entidades do barrio!

Etiquetas: