Astronomía na beirarrúa: dezembro 2007

18.12.07

Fotos da noite branca en San Pedro

Aquí tedes algunhas imaxes da noite do pasado sábado 15 no barrio de San Pedro (fai clic nelas para velas ampliadas). Se queredes ver máis, podedes visitar a web do fotógrafo Paco Rocha, que estivo con nós e aproveitou para retratarnos ás persoas... e á Lúa. Podedes velas facendo clic aqui


12.12.07

"Noite branca", na Rúa de San Pedro

O próximo sábado día 15 de decembro, a Asociación de Comerciantes de San Pedro e a Comisión de Festas do Barrio organizan unha "noite branca" con tendas abertas e actividades até medianoite. Entre outras cousas, tiveron a boa idea de incluir un variado programa de actividades astronómicas, nas que colaboramos Astronomía na beirarrúa e o Clube Vega. Fai clic nas imaxes para velas aumentadas e coñecer o programa detallado de actividades. Os nosos parabéns a todas as persoas que fan posíbel esta inciativa, e en particular a Leonor, unha das promotoras da Asociación de Comerciantes e creadora da tenda de artesanía "Como pez en el agua", cuxa web podes visitar premendo aqui. Agardámosvos!

Etiquetas:

10.12.07

Máis dun planeta por semana...

Para aquelas e aqueles de nós que aprendemos de memoria na escola a lista dos nove planetas, e que recibimos hai pouco a nova de que Plutón perdera ese noble título, pode resultar unha sorpresa saber que a día de hoxe se coñeza a existencia de máis de 260 planetas en torno a outras estrelas diferentes do Sol. As ciencias adiantan que dá gusto ;-) e este ano marcou un fito na historia da investigación, co descubrimento dun novo planeta por semana. De seguirmos así, estaremos pronto en condicións de detectar planetas semellantes á Terra. Se queres saber máis sobre os planetas extrasolares, visita a completa Enciclopedia dos Planetas Extrasolares ou o excelente site de Greg Laughlin oklo.org

Etiquetas: