Lido en "La Voz de Galicia" de hoxe
"Os representantes veciñais do ámbito urbano do Consello de Relacións Veciñais presentaron unha iniciativa no Concello de Santiago para promover o coñecemento da Vía Láctea entre os composteláns.
A proposta veciñal consiste en realizar un apagamento na praza do Obradoiro nos meses de xullo e agosto, co fin de evitar que a contaminación lumínica impida ver a galaxia. Sería entre as once e as doce da noite dos venres e os sábados. Para facilitar a observación, as asociacións veciñais e os clubs de astronomía porían a disposición dos interesados na observación monitores e telescopios.
Agustín Pena, promotor da idea e un dos representantes veciñais, indicou que a iniciativa xurdiu como consecuencia do éxito obtido polas actividades organizadas nos barrios de Sar e do Ensanche en colaboración co colectivo Astronomía na beirarrúa, no que están integrados profesores e estudantes da Universidade de Santiago (...)"
Se queres ler a nova completa
fai clic aquiNa imaxe de arquivo, os representantes das asociacións membros do Consello de Relacións Veciñais nunha xuntanza con membros da Corporación Municipal.
Fonte: web do Concello de Santiago