Astronomía na beirarrúa: Santiago D.C. : O Consello de Relacións Veciñais propón apagar as luces do Obradoiro para observar a Vía Láctea

13.5.08

Santiago D.C. : O Consello de Relacións Veciñais propón apagar as luces do Obradoiro para observar a Vía Láctea

Lido en "La Voz de Galicia" de hoxe

"Os representantes veciñais do ámbito urbano do Consello de Relacións Veciñais presentaron unha iniciativa no Concello de Santiago para promover o coñecemento da Vía Láctea entre os composteláns.

A proposta veciñal consiste en realizar un apagamento na praza do Obradoiro nos meses de xullo e agosto, co fin de evitar que a contaminación lumínica impida ver a galaxia. Sería entre as once e as doce da noite dos venres e os sábados. Para facilitar a observación, as asociacións veciñais e os clubs de astronomía porían a disposición dos interesados na observación monitores e telescopios.

Agustín Pena, promotor da idea e un dos representantes veciñais, indicou que a iniciativa xurdiu como consecuencia do éxito obtido polas actividades organizadas nos barrios de Sar e do Ensanche en colaboración co colectivo Astronomía na beirarrúa, no que están integrados profesores e estudantes da Universidade de Santiago (...)"

Se queres ler a nova completa fai clic aqui

Na imaxe de arquivo, os representantes das asociacións membros do Consello de Relacións Veciñais nunha xuntanza con membros da Corporación Municipal.

Fonte: web do Concello de Santiago

3 Comments:

At 6:57 da tarde, Anonymous Anónimo said...

O Obradoiro sen luces ten que ser unha gozada!!!

 
At 7:27 da tarde, Blogger perseo said...

Ten que ser...!! hai uns meses estivemos vendo a calidade do ceo en distintos barrios da cidade. No parque de Belvís, sen luces que deslumbrasen directamente os ollos, a magnitude límite era de case 5.5, o que quere decir que a simple vista se poderían observar máis de 2000 estrelas (http://www.nso.edu/PR/
answerbook/magnitude.html). Pola contra, na Praza do Obradoiro, cos fortes focos que alumean todos os edificios, a magnitude límite estaba pouco máis aló de 3, é decir, só se poden ver unhas 200 estrelas máis ou menos. O problema de Compostela, máis que o brillo do ceo, é o deslumbramento producido polas farolas mal deseñadas. Se apagan de cando en vez as luces do Obradoiro, será xenial.

 
At 3:38 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Excelente registro, continúa de esta manera

voyance Email

 

Enviar um comentário

<< Home