Actividades no IES 1 de Ordes
Así de interesante estaba o terminador da Lúa, visto por telescopio, na noite de onte. Unha noite na que desfrutamos co profesorado e estudantes do IES-1 de Ordes vendo todo o que había no ceo. As nubes altas da tarde deron paso a unha preciosa noite despexada na que Venus, Saturno, A Lúa, Orión e as Pléiades eran un regalo para os ollos.
Antes da observación, Josefina Ling, do Observatorio Astronómico RamónMaría Aller da USC, rescatou do esquecemento a mulleres que colaboraron decisivamente no desenvolvemento da Astronomía (ver nova na prensa).
Parabéns ao Departamento de Matemáticas do IES-1, organizador das actividades desta Semana da Ciencia!
Etiquetas: actividades