
_large_b.jpg)
Onte xoves día 13 estivemos no compostelán barrio de
Salgueiriños con José e outros veciños e veciñas da zona para disfrutar dunha noite de estrelas. As nubes marcharon, as farolas apagáronse e ... o ceo apareceu ante os nosos ollos.
Os máis solicitados: a Lúa, as Pléiades e, como non,
Saturno, o Señor dos Aneis. Ou "a boliña cun aro" como ben o describiu un pequeno astrónomo que fedellaba cos telescopios sen precisar demasiada axuda. Tamén vimos o seu satélite
Titán, como un pequeno punto de luz. Ah... e a
nebulosa de Orión.
Podedes ver outras imaxes de Saturno premendo
aquíEtiquetas: actividades, fotos