

O próximo sábado día 15 de decembro, a
Asociación de Comerciantes de San Pedro e a
Comisión de Festas do Barrio organizan unha "noite branca" con tendas abertas e actividades até medianoite. Entre outras cousas, tiveron a boa idea de incluir un variado programa de actividades astronómicas, nas que colaboramos
Astronomía na beirarrúa e o
Clube Vega. Fai clic nas imaxes para velas aumentadas e coñecer o programa detallado de actividades. Os nosos parabéns a todas as persoas que fan posíbel esta inciativa, e en particular a
Leonor, unha das promotoras da Asociación de Comerciantes e creadora da tenda de artesanía "Como pez en el agua", cuxa web podes visitar
premendo aqui. Agardámosvos!
Etiquetas: actividades