:) Temos "Plan B" para este venres! :)

Choverá mañá á noitiña? Non choverá? Haberá nubes e claros, como din algúns pronósticos ou caerán chuzos de punta? Neste momento non apostaríamos o soldo enteiro por unha cousa ou outra. Os nosos compas de MeteoGalicia prevén nubes e claros, aínda que non din se máis nubes que claros ou ao contrario :)
Temos "plan B", non imos cancelar a actividade prevista para este venres .
A poucos metros da Praza Roxa, na rúa Frei Rosendo Salvado 14-16 está, aberto aos veciños e veciñas, o novo Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Un Centro noviño do trinque, que paga a pena coñecer, e que ten unha zona de exposicións á entrada con amplos ventanais, ben visíbel para calquera que pase pola rúa. Se mañá pasades pola Praza Roxa a partir das 20h e non nos vedes, será porque o ceo estárá cuberto de todo: estaremos entón no Centro Sociocultural,
Agradecemos de verdade á dirección do Centro a súa sensibilidade e axuda acolléndonos en caso de mal tempo.
E se en calquera momento se abre o máis mínimo buratiño na capa de nubes, levaremos inmediatamente os trastos á Praza Roxa para observar, porque a Lúa, Venus, Saturno e as Pléiades están preciosos nesta época do ano.
Etiquetas: actividades