
Do 18 ao 20 de setembro terá lugar en Maceda (Ourense) Astrogalicia, a principal xuntanza aberta promovida pol@s astrónom@s afeccionad@s galeg@s.
A súa páxina web acaba de facerse pública. Non deixes de consultala e... anímate a participar !
http://www.astrogalicia.org/Fragmento da presentación:
"Programa de actividades aberto a todos os interesados no mundo da astronomía. Neste Ano Internacional da Astronomía 2009, os astrónomos afeccionados galegos queremos invitar a toda a poboación a achegarse a esta ciencia.
A desenvolver entre o 18 e o 20 de setembro de 2009 na vila ourensá de Maceda. Moitas das actividades serán abertas, como as observacións públicas.
Calquera interesado ou afeccionado pode anotarse. Preparamos varios grupos de traballo para aqueles que se queiran iniciar na astronomía, pero tamén para aqueles que desexen afondar na astrofotografía. Así, cada inscrito poderá escoller o itinerario formativo que mellor se acomode aos seus intereses (...)."
Etiquetas: actividades