De magosto no barrio de San Pedro
Etiquetas: actividades
O ceo está no teu barrio. Un blog para as persoas que desfrutan coa astronomia na vida cotiá
Etiquetas: actividades
Etiquetas: actividades, contaminacion luminica
Velaí unha imaxe de NGC891, unha preciosa galaxia vista de canto, obtida por Ramón Iglesias Marzoa do Clube Vega dende os contaminados ceos composteláns. As galaxias son agrupacións de miles de millóns de estrelas. O noso sistema solar forma parte tamén dunha galaxia, a Vía Láctea. Se tes a oportunidade de ir a algún lugar con ceos escuros, verás a Vía Láctea como unha banda que atravesa o ceo. Se queres ver unha imaxe de como pensan as e os astrónomos que se vería a Vía Láctea "dende fóra", fai clic aquiEtiquetas: fotos
Etiquetas: actividades

Velaí a fermosas imaxes do Cometa Holmes obtidas por Ramón I. Marzoa (Clube Vega / AnB) dende Compostela nas noites do 27 e do 31 de outubro. Podedes ver a brillante zona do núcleo rodeada pola nube de gas e pó expulsados logo da explosión do día 23 de outubro. O nome técnico desta nube é "coma" (que en latín quere decir cabeleira). Hai 50 anos o astrónomo Fred L. Whipple definiu os cometas como "dirty snowballs". Os cometas veñen sendo pois "suxas bolas de neve peludas" :-) Na segunda foto, tomada catro días despois da primeira, a nube ten maior tamaño: o cálculo preliminar que fixemos é que a velociodade de expansión da capa máis externa está perto dos 2000 km/h.Etiquetas: fotos