
O pasado xoves día 28 de xuño estivemos no Clínico, para ver as estrelas cos rapaces e maiores alí ingresados, nunha actividade organizada pola incansábel
Ruth Gómez Vázquez, da Escola que ten a súa sede nas instalacións deste centro sanitario.
Como case sempre, en canto nos poñemos a observar esquecemos sacar fotos :) así que aquí vos van un par delas dos preparativos, nas que andamos a montar os trebellos nunha das terrazas do segundo andar, fachada oeste. Na imaxe de arriba, e de esquerda a dereita,
Ramón, do Clube Vega, axustando a
"Celestino", un reflector en montura Dobson feito polos membros do clube;
Javi, tamén de Vega, camiño do refractor de 90 mm;
Nana, da Agrupación Ío, poñendo a andar o ETX70 e, detrás,
Rubén, de Vega.
O ceo, que estivo cheo de nubes durante todo o día, deixounos un precioso solpor e grandes claros a partir das 22.45h, co que puidemos ver até fartarnos Venus, Saturno cos seus aneis, Xúpiter e os seus satélites e a Lúa, case chea esa noite. Voltaremos!
Etiquetas: actividades