Astronomía na beirarrúa

19.5.10

Estamos no "Face"

Podes seguir tamén as nosas novas en Facebook.



http://www.facebook.com/Astronomia.na.beirarrua

Etiquetas: ,

Compartindo xeografías e historias do ceo

Onte, espléndida noite e magnífica compañía nos arredores da Facultade de Filoloxía da USC. Astrónom@s na beirarrúa e Astrofilólog@s compartindo xeografías e historias do ceo. Cinco horas sen parar e con ganas de repetir.


Parabéns á Sección Galega da SEEC por esta iniciativa!

(Foto de Josué Neira)

Etiquetas:

14.5.10

O martes 18 de maio, na Fac. de Filoloxía da USC

Este martes 18 de maio, a partir das 21.30h, estaremos na Facultade de Filoloxia da USC para desfrutar dos ceos co estudantado e o profesorado do centro. É unha actividade coorganizada cos amigos e amigas da Sección Galega da SEEC, a xente que máis e mellor coñece as historias míticas tecidas en Grecia e Roma arredor das nosas constelacións.
A nova na prensa: clic aquí.

Etiquetas:

30.4.10

Feira da primavera 2010 no Barrio de San Pedro

O sábado 8 de Maio estaremos cos telescopios de Astronomía na beirarrúa na Feira da Primavera do Barrio de San Pedro, en Compostela... Achegádevos a pasar o día no barrio! Montaremos os telescopios á tardiña. Estades tod@s convidad@s!
Entre outras cousas desfrutaredes da
- Charanga Trópico de grelos
- Cé orquestra pantasma
- A caixa de Tambora
- Cabaret de Novo Circo
- Sound System
- Astronomía na Beirarrúa e...
- ás 22:00 os Mordecáns en concerto.

Etiquetas:

AstroGalicia-2010







AstroGalicia é a Festa da Astronomía Galega, e xa vai pola súa terceira edición: Obradoiros, charlas, observacións e mil cousas máis, ademais dun agradábel espazo de encontro para todas as persoas que desfrutamos do ceo. Este ano terá lugar os días 10, 11 e 12 de Setembro, no concello de Boimorto, moi perto de Compostela. Anímate a participar! O periodo de preinscrición xa está aberto. Toda a información en http://www.astrogalicia.org/

Etiquetas:

24.3.10

Paremos a Contaminación Lumínica !

Recentemente saiu publicado no número 129 da revista AstronomiA un interesantísimo artigo de Carlos Herranz (presidente de Cel Fosc, asociación contra a contaminación lumínica) titulado "Hágase la luz: mitos y realidad en la protección del medio nocturno", cuxa lectura vos recomendamos.

Podedes baixar o pdf facendo clic nesta ligazón:
http://www.celfosc.org/biblio/general/herranz2010.pdf

.

Etiquetas:

11.3.10

Lista de correo do Clube de Astronomía "Vega"

Algunhas das persoas que participaron nas observacións pedíronnos información sobre como estar ao día das actividades que organiza o Clube de Astronomía Vega, de Santiago de Compostela (saídas de observación, reunións mensuais, etc). O Clube de Astronomía Vega colabora coa Universidade de Santiago de Compostela no desenvolvemento do programa "Astronomía na beirarrúa"

Se desexas subscribirte dun xeito doado e rápido á súa lista de correo, aquí tes como facelo: pon o teu enderezo de correo na casiña e fai clic en "Yahoo! Groups Join now!".

Recibirás no teu correo instrucións de como completar a subscrición.


Subscribe to clubevega




Powered by us.groups.yahoo.com


10.3.10

Efectivamente: vai frío!

Onte comprobámolo de novo, coas e cos estudantes da USC que participan no programa "Astronomía na beirarrúa": ao facer observacións astronómicas no monte, vai frío. Moito frío.

O motivo évos ben sinxelo: a temperatura é baixa (uns poucos graos), estamos parados arredor dos telescopios durante moito tempo e non recibimos a luz e o calor do Sol. Se ademais vai vento, como ía onte, a sensación térmica é aínda de menor temperatura.

Que facer? Quedar na casa e perderse os preciosos ceos da invernía? Nin pensalo. A solución é sinxela: Roupa de abrigo en cantidades industriais (sempre é millor que sobre que que falte), e algo quente para tomar no medio da noite.

Hai quen pensa que a un/ha astrónomo/a se lle recoñece porque anda por aí cun telescopio. É certo, pero só a medias: A un/ha astrónomo/a se lle recoñece sobre todo porque leva un gorro posto na cabeza e vai ben abrigado/a!

Etiquetas:

9.3.10

Calendario Celeste de Marzo (Clube Vega)

Os amigos e amigas do Clube de Astronomía Vega, de Santiago de Compostela, acaban de publicar o seu Calendario Celeste correspondente ao presente mes de Marzo. Ten unha chea de informacións interesantes para as persoas afeccionadas á observación do ceo.
Podes baixalo en pdf clicando aquí.

Etiquetas:

6.3.10

Obradoiro de manexo de telescopios

O próximo martes 9 de marzo, a partir das 20.00h, estaremos na Escola de Óptica e Optometría da USC para facer un obradoiro de manexo de telescopios, con observación nocturna se o tempo acompaña, dirixido ás e aos estudantes da USC que participan no programa AnB-DoC ("Astronomía na beirarrúa / Descubre o ceo".
Xa nos tarda, logo dun dos invernos con máis noites de ceo cuberto dos últimos anos! :-)

Etiquetas: