
Os pasados días 8 ao 12 de xullo estivemos en Rianxo, no
Curso de Verán sobre
Astronomía e Contaminación Lumínica organizado por Astronomía na beirarrúa (
AnB) e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (
OARMA) da USC. No programa: Mesas redondas e obradoiros polas tardes, e observacións na rúa polas noites na Praza de Castelao, na ribeira de Rianxo e no lugar de Asados, en colaboración coa Asociación Cultural
Barbantia e o Centro Cultural Simón Varela.


Na primeira imaxe (de
La Voz), a sesión de apertura na tarde do día 8, con -de esquerda a dereita-
Pedro Piñeiro (alcalde de
Rianxo),
Ánxela Bugallo (
Conselleira de Cultura do Goberno Galego) e
Elías Torres (
Vicerreitor de Cultura da USC). Nas outras dúas imaxes, un momento da charla de
Xoán Doldán (profesor do Dpto de Economía Aplicada da USC) sobre aspectos enerxéticos da Contaminación Lumínica e a mesa redonda sobre Asociacionismo, Contaminación Lumínica e Participación Social con
Carlos Herranz (Presidente de
Cel Fosc, Asociación contra a Contaminación Lumínica),
Ricardo Moreno (Presidente da Asociación Astronómica de Vigo),
Javier Vázquez (Secretario do Clube de Astronomía Vega de Santiago de Compostela) e
José Antonio Álvarez (Secretario da Asociación Astronómica de Ourense).

Na sesión de peche, o sábado 12, Cipriano Marín (IAC-UNESCO) fixo unha moi interesante presentación da
Iniciativa Starlight, da que é Coordinador, así como da "Declaración en defensa do ceo nocturno e do dereito a observar as estrelas" cuxo breve e impecábel texto podes consultar aqui Etiquetas: actividades
1 Comments:
Thank you very much for this helpful and valuable information. Great your blog, congratulations!
voyance totalement gratuit
Enviar um comentário
<< Home