Estas semanas andaremos de novo pola rúa, de festa en festa, cos trebellos de ver o ceo. Para aquelas e aqueles que teñades tempo e vos preste, as próximas convocatorias son
-
Sábado 21 de xuño: Estaremos no Campo da Festa no
Barrio do Castiñeiriño para participar nas actividades organizadas pola Asociación Veciñal do barrio e o Centro Sociocultural. O Clube Vega organiza tamén unha observación no Centro Sociocultural da Trisca (San Pedro).
-
Sábado 28 de xuño: Observación na rúa nas festas do
Barrio de San Pedro. As actividades organízaas a Comisión de festas (
http://fbsp.info/) co apoio da Asoc. Veciñal "A Xuntanza" (
http://www.axuntanza.org/) e a asoc. de comerciantes do barrio. Ese sábado hai feira de artesania na rúa durante todo o día. O programa de actividades preparado pola Comisión -dende o martes 24 até o domingo 29- é como todos os anos variado e interesante: botádelle unha ollada en
http://fbsp.info/index.php?option=com_content&task=view&id=5&Itemid=6 e animádevos a pasar por San Pedro!
-
Sábado 5 de xullo: Festa tamén por todo o alto na
Praza Roxa, convidados pola Asociación Veciñal "Raigame", o Centro Sociocultural do barrio e Santiago Centro Comercio dentro da Primeira Festa Cidadá do Ensanche.
A partir das 21.30 ou 22h xa nos veredes... sodes benvid@s!
"Astronomía na beirarrúa" organiza actividades de astronomía nos espazos de vida cotiá dos barrios de Santiago de Compostela, en estreita colaboración coas asociacións e entidades veciñais. É unha iniciativa apoiada pola
Vicerreitoría de Cultura da USC a traverso do seu Programa de Axudas a Proxectos de Cooperación Cultural e desenvolvida conxuntamente co
Clube de Astronomía Vega de Santiago de Compostela.
Etiquetas: actividades
1 Comments:
Ola, eu amo o teu blog é moi bo
continuou así durante o resto é realmente perfecta crer en min.
voyance
Enviar um comentário
<< Home