"Primeira luz" do Mak
O pasado 21 de abril, dende o alto do Monte da Condesa, no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, viu a súa "primeira luz" un telescopio tipo Maksutov- Cassegrain de Astronomía na beirarrúa. Con 150 mm de diámetro, unha focal de 2 metros, e montura motorizada HEQ-5 é unha gozada de trebello. Esa noite había algo de turbulencia pero así e todo as vistas de Saturno, a Lúa e algúns cúmulos e galaxias (o que se adoitan chamar "obxectos de ceo profundo") eran despampanantes.Na foto tedes aos cinco participantes no evento: de esquerda a dereita, Ramón (Clube Vega), Javi (Clube Vega), "o Maksutov" alineado e listo para observar (AnB), Rubén (Clube Vega e USC) e Salva (USC).
Pasar pasámolo en grande e esperamos que este instrumento nos dea moitas noites de observación.
Etiquetas: actividades


3 Comments:
Unha imaxe fermosísima!!!
Mis más cálidas felicitaciones por su sitio! Me ha ayudado mucho y le gusta, sobre todo que todas sus acciones son interesantes. Larga vida a su sitio. Por encima de todo, nunca darse por vencido; tu blog es realmente en la cima!
voyance mail gratuite
Su trabajo me sorprendió mucho porque ha pasado mucho tiempo desde que encontré este maravilloso compartir.
voyance mail gratuit rapide
Enviar um comentário
<< Home