E a noite foi unha festa...
Tiñamos pensado quedar até as 22.30 pero recollimos á 1 da mañá. As Pléiades e a Lúa estaban impresionantes. E impresionadas quedaron as persoas que compartiron con nós esta actividade. Algunhas delas era a primeira vez que vían "de cerca" os cráteres e os mares lunares, ou o acio de pequenos diamantes que é o cúmulo estelar aberto das Pléiades... Outras descobriron que, cunha cámara dixital normal ou coa cámara dun móbil se poden sacar boas fotos a traverso dun telescopio.
Queres ver as fotos desta noite? fai clic en
E o próximo mércores, día 15, a partir das 20.00h se o tempo non o impide... encontro de persoas aficionadas á astronomía e telescopios na Praza Roxa coorganizada coa Asociación Veciñal Raigame, do barrio do Ensanche compostelán. Agardámoste e convida a quen queiras!
Etiquetas: actividades, fotos
2 Comments:
Me deparei co seu sitio web a partir dun retweet, entón eu interactuar e engada comentarios cando me di respecto e que paga a pena.
Su blog es precioso, así como bellas ideas!
Enviar um comentário
<< Home